19.1 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

Denuncian actos vandálicos no sistema eléctrico do paseo fluvial de Vimianzo

O Concello de Vimianzo denunciou actos vandálicos nos elementos do sistema eléctrico, que aínda estaban por estrear do seu paseo fluvial. 

Foron os efectivos da Policía Local os que encontraron “luminarias desprendidas da base, rotas e forzadas”.Os axentes, que xa están na procura de probas para identificar ás persoas causantes, admiten que “trátase dun acto completamente premeditado, que non é unha zona de paso a altas horas da noite e que, presuntamente, as persoas causantes destes danos xa tiñan pensado actuar na zona”

Desde a Policía Local apuntan que “ante calquera mínimo indicio de ter algunha proba, sexa ou non concluínte, que a fagan saber a través do teléfono 617 484 852. “Calquera contribución a esclarecer o sucedido será de moita axuda para nós”, advirten.  

Desde o goberno local lamentan profundamente o sucedido.A alcaldesa, Mónica Rodríguez, referiuse a este acto como “algo profundamente triste para todo Vimianzo”, enfatizando a necesidade de “coidar do noso para que os servizos públicos poidan ser de calidade e universais”. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos