12.4 C
Santa Comba
miércoles, septiembre 4, 2024

Novas Xeracións conta cunha nova xestora na provincia coruñesa

A sonense Ximena Louro preside a nova xestora de Novas Xeracións na provincia da Coruña, contando co Yannick Juncal (Cerceda), como secretario xeral.

Nunha reunión conxunta do Comité de Dirección, o Comité Executivo e a Xunta Directiva de Novas Xeracións celebrada na sede autonómica do PPdeG e presidida por Nicole Grueira, aprobouse a composición desta xestora que contará como vogais con Carlos Moledo, Andrea Iglesias, Araceli López, Manuel Ortigueira, Alba Miramontes, Nerea Mosquera, Brais Alonso, Jose Zar, Rafael Penide, Alberto Castellanos e Bea Quintía.

«Un equipo aberto e con moitas gañas de traballar»

«Un equipo aberto e con moitas gañas de traballar para que as Novas Xeracións da Coruña sigan funcionando», tal e como o define Nicole Grueira, quen ademais aproveitou a reunión para agradecer o traballo ao longo destes oito anos ao equipo encabezado por José Miguel Mahía.

Desde Novas Xeracións de Galicia destacan que o PPdeG foi a primeira opción e o partido máis votado entre o electorado menor de 30 anos e con iso, aseguran, demostrouse que «Galicia e a súa mocidade funcionan».

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos