3.8 C
Santa Comba
martes, abril 9, 2024

A directiva de Protección Civil de Ponteceso acusa ao alcalde de boicotear o seu traballo nunha situación de gravidade

Difundimos esta nota de prensa remitida desde a AVPC de Ponteceso

A xunta directiva da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Ponteceso (AVPC), a vista dos últimos acontecementos que se están a presentar por decisións unilaterais e vingativas por parte do alcalde quere comunicar o seguinte: 

PRIMEIRO: Esta xunta directiva presentou o pasado día 5 de novembro un escrito por rexistro de entrada nº 202000000002004 onde lle solicitou o alcalde que de inmediato e de maneira urxente nos aclarase como responsables da agrupación e ante a gravidade da situación na que se atopa o país debido a pandemia do COVID-19, como proceder a hora de ter que intervir nunha emerxencia ou en operativos programados despois de que nos retirase os vehículos de emerxencias dos que dispoñíamos coa escusa de que era por razóns dun plan de aforro e que estarían dispoñibles na base de protección civil, situada no polígono industrial de Tella. 

A día de hoxe esta xunta directiva non solo segue sen recibir resposta algunha a solicitude senón que ademais ten constancia de que o vehículo que se utilizaba para actuar nas emerxencias e realizar os operativos, un volkswagen Amarok con pracas de matrícula 4836 JKP non estivo nin está na base e nin tan sequera no Polígono Industrial de Tella xa que o ten unha persoa no seu domicilio particular.

Esta situación amosa dende o principio unha actitude pouco digna por parte do alcalde posto que a escusa que nos dou para a retirada dos vehículos nada ten que ver ca realidade.

 SEGUNDO: Que o que mais nos preocupa como xunta directiva e ante todo como voluntarios e veciños que somos, que sempre estamos para colaborar desinteresadamente en todo o necesario, é a cantidade de chamadas que estamos a recibir por parte dos veciños e as veciñas para que por favor se lles axude ante o caso omiso que se lle fai dende o concello unha e outra vez. 

Entre moitas das recibidas dúas que realmente nos estremeceron: O dunha persoa de más de 90 anos de idade, vivindo soa e confinada por positivo en COVID-19, solicitando axuda o concello para que se lle fose levar medicamentos e alimentos e recibindo resposta por parte deste de que se arranxara como pudese que non podían facer nada. 

Ou o dun matrimonio positivo en COVID-19 vivindo nun edificio no cal os veciños chamaban o concello para que se lle retirase a basura xa que estes tiñan medo de contaxiarse por falta de medios, recibindo resposta do concello de que eles non podía facer nada, que era cousa da comunidade.

Estes son solo uns dos moitos casos que se están a dar nestes momentos no noso concello e onde demostra claramente o pouco interés por parte do alcalde en axudar as persoas que realmente o precisan. 

TERCEIRO: Que ademais tamén temos constancia de que o alcalde está a chamar a varios voluntarios para realizar uns operativos que nada teñen que ver ca grave situación actual na que nos atopamos como poden ser o dunha obra de teatro onde o máximo aforo permitido era só de trinta persoas, ou unha proba de selección de persoal po concello onde só participaron unhas vinte persoas e onde o concello debería de utilizar o persoal laboral do que dispón, ou ir a recoller animais soltos e abandonados onde como ben sabe o alcalde a competencia e única e exclusivamente súa, tal e como xa se lle manifestou pola nosa parte en múltiples ocasións e polo que está obrigado a dispoñer dun servizo de lacería. 

Que ningún deses operativos mencionados garda relación algunha ca grave situación da pandemia do COVID-19 ou de emerxencias, e que como xunta directiva e como responsables desta agrupación que somos non tivemos coñecemento por parte do alcalde nin por escrito nin por ningún medio dos mesmos. 

Que polo tanto estanse mobilizando voluntarios sen consentimento e algúns estando de baixa médica e sen dispoñer do seguro obrigatorio polo que declinamos calquera responsabilidade en caso de calquera neglixencia que se poida cometer. 

CUARTO: Que a pesar de que seguimos recibindo avisos por parte do 112 os cales non podemos atender por falta de medios, este informounos de que o alcalde intentou modificar os números de contacto en caso de emerxencia, intentando que non tivesemos constancia de nada, ignorándonos unha vez máis. 

Que toda esta situación demostra claramente o boicot o que estamos sometidos polo alcalde que responde só a motivos persoais que nada teñen que ver co funcionamento desta xunta directiva a cal en ningún momento dende que se fixo cargo desta agrupación se negou a facer ningún operativo. 
Recordámoslle o alcalde que esta xunta directiva foi elixida democráticamente e por maioría absoluta no ano 2019 e por 4 anos. 

QUINTO: Que polo tanto solicitamos o alcalde que nos facilite os decretos, resolucións ou ordes por escrito dos operativos que se levaron a cabo sen informarnos incumprindo unha e outra vez o protocolo de emerxencias.

 SEXTO: Que unha vez máis volvemos a solicitarlle o alcalde que nos informe como proceder en caso de emerxencia ou dun operativo programado insistindolle que o vehículo necesario para intervir non se atopa na base de  Emerxencias tal e como nos dixo nun primeiro momento senón no domicilio dun particular. 

SÉPTIMO: Que dada a gravidade da situación daremos traslado da mesma a Xunta de Galicia, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior así como as autoridades que consideremos oportunas, reservándonos o noso dereito a emprender as accións xudiciais que consideremos oportunas para salvagardar os nosos dereitos así como os dereitos de todos/as veciños/as do concello. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos