15.1 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

Pablo Canosa:”No sector turístico da Costa da Morte hai moita incerteza e moito medo”

As palabras do presidente de APTCM e secretario da CMAT, Pablo Canosa, representan unha fotografía do sentir da comarca:“O vran está aí e a Semana Santa xa pasou.Hai moita incerteza e moito medo”.

Entrevista a Pablo Canosa a partir do minuto 67 deste audio

E ese contraste?:”Hai persoas máis optimistas e confiadas no comportamento da xente. E outros menos que barallan se abrir por medo  a masificación de xente que veña traer malas noticias ou unha propagación do virus non desexada.

Canosa estima que pode haber un previsible repunte da facturación nunha Costa da Morte que é “un punto de referencia en canto a seguridade pero tamén hai medo porque este virus trouxo moita incertidume.As noticias non son alentadoras porque falan de posibles repuntes”. Hai preocupación pola saúde.

Incremento de custes

No sector turístico tamén asumen un incremento de custes tanto no material como salariais, xa que haberá que empregar máis horas en adaptarse as nosas esixencias:”Non se aveciñan bos augurios para a hostalería. Hai unha situación complicada para o sector”.

No aspecto asociativo, “houbo que reformular os convenios de promoción turística coa Deputación e Turismo de Galicia”. A tendencia é clara:”Vaise a primar ás persoas e a formación no sector para adaptarse ás novas medidas”. 

Tamén se reorientarán as campañas publicitarias previstas. A potente promoción prevista no extranxeiro dará paso a unha maior promoción interna a nivel autonómico ou estatal.

A pandemia de COVID-19 chegou nun momento ilusionante para a zona:“Foi algo totalmente imprevisible. Pasamos de estar esperando por un dos mellores anos da historia do turismo da Costa da Morte ao peor case que global”Segundo Pablo Canosa o número de prereservas apuntaba a que se baterían récords de asistencia de visitantes.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos