2.4 C
Santa Comba
viernes, diciembre 13, 2024

“A Filla do Lobo”: un cómic de Neva Noctiluca e Bernardino Martínez que mestura a historia e a lenda

A Filla do Lobo” é unha nova mostra das expresións artísticas que latexan na Costa da Morte. Neste caso en forma de cómic e desde Camariñas. 

Audio coa entrevista a Neva Noctiluca en Radio Xallas (A partir minuto 91)

Coas ilustracións de Neva Noctiluca(Alicia Baña) e o guion de Bernardino Martínez, xurdiu esta iniciativa de Dequenquén que estaba integrado nun proxecto máis amplo para dar a coñecer a historia do “Foxos dos Lobos”. Neste caso o que segue vencendo ao tempo na zona de Reira.

ACCEDER A VERSIÓN DIXITAL DE «A FILLA DO LOBO»

“Hai unha mestura de feitos históricos, dos ataques vikingos, do saqueo do mosteiro de Santa Mariña do Tosto e da construción do Foxo dos Lobos coa lenda da Fada dos lobos, que era a versión feminina do lobishome” comenta a ilustradora.

Sinala que aquelas batidas de lobos tiñan como obxecto controlar a poboación pero tamén había unha percepción deste animal “como representante do demo”.

Neva Noctiluca, que debuxa desde pequena, aclara que hai “debuxos basados en paisaxes reais”. Agora o cómic pode lerse na web de Dequenquén ou na da propia artista.

A actual versión dixital vai ter unha publicación impresa en galego e tamén unha edición en francés, grazas ao interese dunha asociación da localidade de La Turballe, que está irmandada con Camariñas.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos