18.8 C
Santa Comba
martes, octubre 1, 2024

O Santuario dos Milagres de Caión protagoniza o Cupón da ONCE

No sorteo deste xoves 7 de setembro e na véspera da popular romaría caionesa.

Varios millóns de persoas terán nas súas mans unha imaxe do Santuario dos Milagres de Caión. Porque aparece reflexada nos cupóns do sorteo da ONCE deste xoves 7 de setembro. Sen dúbida unha magnífica homenaxe e unha excelente difusión deste elemento patrimonial e da vila mariñeira. De feito cinco millóns e medio de cupóns póñense á venda.Todo isto nas vésperas da popular romaría declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.

O cupón presentouse nun acto desenvolvido no museo do Arquivo da Pesca de Caión coa presencia do delegado territorial da ONCE, Manuel Martínez Pan e do alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, que agradeceu á ONCE “por escoller Caión para ser a imaxe do cupón nunha data tan sinalada para nós, xa que esta é a mellor difusión que podemos ter no ámbito nacional do santuario e das festas dos Milagres”.

Manuel Martínez Pan destacou o triplo obxectivo dos cupóns. O aspecto promocional neste caso do Santuario de Caión, a ilusión que supón para o público este sorteo e  a excelente ferramenta que é para dar oportunidades e saída laboral á xente con diversidade funcionallO Santuario dos Milagres de Caión é unha construción de estilo barroco compostelán datada no século XIX e que concentra na súa fachada a maior creatividade e ornamentación. A torre-campanario é de estilo neoclásico e está formada por dous corpos, un deles cadrado e, o outro, de forma octogonal.

Segundo as crenzas populares, da fonte que se atopa xunto ao Santuario –construída en 1828- emanan augas “milagreiras” que os devotos empregan para humedecer as partes do corpo nas que sofren algunha doenza coa esperanza de que sexa curada.

Este Santuario é lugar de peregrinación para miles de persoas. O 8 de setembro ten lugar a Romaría dos Milagres de Caión, evento que desde 2008 conta co distintivo de Festa de Interese Turístico de Galicia. O domingo anterior a esa data, a Virxe dos Milagres é subida en procesión desde a Igrexa Parroquial da Nosa Señora do Socorro –onde se atopa durante o resto do ano- ata o propio Santuario, lugar no que permanece ata o domingo seguinte, cando se realiza a procesión de regreso e finalizan as celebracións.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos