O alcalde Ángel Alvariño e concelleiros do goberno visitaron o recinto nesta primera xornada.
A escola infantil Os Pelegríns de Neda iniciou o curso cunha xornada de portas abertas para os pais e con 14 alumnos que xa utilizan este novo servizo.
Nesta primera xornada visitaron as instalacións o alcalde Ángel Alvariño e os concelleiros Ana Rosa Pena Barcia e Ángel García Cordero. A concelleira de Servizos Sociais, Ana Rosa Pena, valorou positivamente a posta en marcha desta escola xa que é “un servizo moi demandado polos pais e nais traballadores con nenos menores de tres anos” e representa un gran logro “para un municipio das características de Neda e porque sen dúbida axudará a fixar poboación”.As paredes exteriores do recinto están decoradas polo artista local Carlos García.
A escola infantil “Os Pelegríns” ten capacidade para acoller un total de 41 alumnos de cero a tres anos, está ubicada na zona de Empedrón e dispón de tres aulas -de 0 a 1 anos, de 1 a 2 anos e de 2 a 3 anos de idade- comedor, aseos, zonas de xogo e dependencias de tipo administrativo.
A Unión Europea, a través da Xunta de Galicia, aportou os 120.000 euros necesarios para la transformación dunha antiga escola unitaria nas actuais instalacións. Para súa banda, o Concello asumiu integramente a dotación do centro, desde cociña e aseos ata os xoguetes e mobiliario e recentemente aínda habilitou un espazo cuberto para que os pais poidan deixar as cadeiras infantís.
Festa do Pan de Neda
A pasada fin de semana celebrou a XXIX Festa do Pan de Neda que continúa sendo un evento exitoso e de importante concorrencia con trinta postos de venda e distintas actuacións musicais como asde SES ou Sanjurjo & Dopico. O pregón correspondeu ao grupo de teatro A Panadería.
Non se perdeu a cita a Vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín e os alcaldes de San Sadurniño e A Capela, así como as autoridades locais.