11.3 C
Santa Comba
martes, abril 30, 2024

Abraham Gerpe:”A negociación do PSOE foi sobresaínte”

O concelleiro socialista valora a negociación da executiva local porque non é habitual que seis concelleiros apoien a un para ser alcalde// Fernández Leiceaga non está de acordo e define a moción como un «mercadeo».

O aspirante á alcaldía de Coristanco, Abraham Gerpe, insistiu en que o apoio dos seis concelleiros do Partido Popular foi sen “ningunha condición” e recoñeceu que non é habitual que “seis concelleiros apoien a un”, destacando a capacidade de negociación da executiva local do PSOE coa xunta local do PP, que foi posteriormente refrendada pola dirección provincial.”A negociación do PSOE foi sobresaínte” sinalou.

Abraham Gerpe quere falar co tódalas forzas

En declaracións a emisora Radio Voz Bergantiños, Gerpe recoñeceu que será el o que determine os órganos de goberno, e que ten previsto falar con tódolos membros da corporación porque “estamos para axudar ao pobo”.

Sobre a súa situación opina que “teño unha minoría moito maior pero teño que chegar a acordos exactamente co mesmo número de persoas”.O edil socialista agarda “moitísimas dificultades” no que resta de lexislatura pero espera que poida ser un revulsivo para o PSOE local e que a quen lle pase factura sexa ao propio Amancio Lavandeira  por non cumprir o que prometeu.

Leiceaga:»Non comparto este mercadeo co PP de Coristanco»

O candidato á secretaría xeral e portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, expresou o seu rexeitamento a esta moción:»Non comparto este mercadeo co Partido Popular en Coristanco e penso que ten pouco que ver coa liña política aprobada polo PSOE no pasado congreso federal».

Leiceaga entende que esta moción entra en incoherencia coa liña política do partido e amosouse estrañado porque a decisión conte co apoio dalgún órgano, como neste caso é a dirección provincial liderada por Julio Sacristán:»Descoñezo se esta decisión de presentar unha moción de censura co PP foi aprobada nalgún órgano do partido, pero estrañaríame moito»

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos