6.7 C
Santa Comba
lunes, abril 1, 2024

Os sete asinantes da moción afirman que a situación en Coristanco era insostible

Sete concelleiros asinaron unha moción de censura no concello de Coristanco.

Postúlase para alcalde o edil socialista Abraham Gerpe que presentou o texto no rexistro municipal e que conta co respaldo dos seis concelleiros do Partido Popular, Antonio Pensado, Juan García Velo, María Ángeles Eiroa, Clarisa Couto, Emilio Fondo e Luis Souto. 

Os sete promotores da moción aseguran que a situación de enfrontamento entre goberno e oposición “tense convertido en algo insostible” e culpan ao alcalde, Amancio Lavandeira, de responder “con desprezo e soberbia” ás iniciativas dos demais grupos entre elas a proposta de baixada de impostos ou a petición de que se confeccionasen os orzamentos.

Un goberno ancorado na soberbia e no autoritarismo

No seu escrito acusan ao grupo de goberno de Terra Galega de estar “ancorado na soberbia e parapetado nun autoritarismo desquiciado” e de ser incapaz de chegar a acordos:”Os acordos que non foi capaz de conseguir o Sr. Amancio, si os temos logrado os grupos da oposición”.

“O alcalde tratou de menoscabar a liberdade de expresión dos grupos da oposición, tratando así de ocultar os gravísimos erros de xestión do goberno de TEGA ante a ciudadanía” sinalan.

Indican que “hoxe constituímos unha ampla maioría dentro da corporación“ fronte a acción dun goberno en minoría que “non está a executar os proxectos en infraestruturas, e con moitas posibilidades que se perdan ditos proxectos”.

Tamén critican que “En lugar de priorizar atender ás necesidades máis urxentes, o equipo de goberno dedícase a gastar os cartos de todos os cidadáns en actuacións de nulo impacto para o pobo e dubidoso beneficio”.O pleno da moción de censura está previsto que se celebre o vindeiro mércores 23 de agosto. 

Se prospera a moción o alcalde será Abraham Gerpe, que apoiou co seu voto na investidura ao alcalde Amancio Lavandeira, formou parte do goberno xunto con Tega e BNG, e agora promove unha moción de censura co Partido Popular. Os promotores desta iniciativa comprométense a traballar “con transparencia real e con eficacia”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos