8.1 C
Santa Comba
jueves, mayo 16, 2024

A Festa dos Maiores de Mazaricos xuntou preto de 800 persoas

Preto de 800 persoas desfrutaron o pasado sábado 27 de abril da 27ª edición da Festa dos Maiores de Mazaricos. Unha celebración que xuntou unha boa parte das e dos veciños do municipio de 60 ou máis anos de idade, e onde estiveron presentes tamén representantes de todos os grupos municipais que quixeron compartir esta data coas persoas maiores.

As e os asistentes desfrutaron dun menú de empanada, polbo á feira e carne ao caldeiro. Ao remate do xantar, recibiron un recordo conmemorativo, libretas e bolígrafos, que lles foron entregados polo alcalde, Juan Blanco, e a concelleira de Servizos Sociais, Sandra Alvite.

Posteriormente, o Dúo Élite amenizou a tarde cun animado baile que puxo fin a unha celebración que cada ano congrega centos de persoas.

Nota de prensa do concello de Mazaricos

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos