18.7 C
Santa Comba
viernes, abril 12, 2024

Amancio Lavandeira:”Deberán explicar este pacto antinatura”

Declaracións do alcalde de Coristanco sobre a moción de censura presentada por PP e PSOE.

O alcalde de Coristanco Amancio Lavandeira non entende a moción de censura presentada polos concelleiros do Partido Popular e do PSOE xa que pensa que é “un pacto antinatura moi sorprendente que deberán explicar”, máis despois do novo liderado que representa Pedro Sánchez no Partido Socialista. O rexedor afirmou que o voceiro socialista Abraham Gerpe lle comunicara que tiña o apoio do seu partido.

“Agora herdan débeda cero”

Lavandeira non se sinte moi sorprendido “porque rumores sempre houbo e estaban no intento” pero non encontra razóns que sustenten a iniciativa, e menos despois de presentar os datos da xestión económica:”A xestión está aí. Agora que están as contas saneadas e fixemos o traballo, veñen como salvadores”.

O líder de Terra Galega asegura que “era moi importante reducir o gasto e agora herdan débeda cero”. Sobre as declaracións do Partido Popular provincial que aseguran que descoñecían a presentación da moción, Amancio Lavandeira é claro:”Se o fixeron a espaldas do partido logo terán que expulsalos”, aínda que precisou que a postura do PP lle parece máis ben “unha escusa”.

Partido Popular provincial

Desde a dirección provincial do Partido Popular aseguran que descoñecen  “os termos da moción de censura” e están á espera de coñecer os detalles da mesma para poder pronunciarse ao respecto e trasladar se autorizan ou non a medida adoptada polos seus seis concelleiros.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos