5.5 C
Santa Comba
martes, abril 9, 2024

Trasladan en helicóptero a un traballador ferido en Negreira

Informa AXEGA 112

O traballador caeu dende unha altura duns tres metros e foi trasladado ao Hospital Clínico de Santiago en helicóptero medicalizado.


Foi o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 o que comunicou ao 112 Galicia, ás 11:30 horas desta mañá, a caída dende unha altura considerable dun operario que se atopaba traballando nun taller da Areeira, en Santa Baia de Logrosa (Negreira).


Tras valorar a gravidade das circunstancias, os servizos sanitarios confirmaron que enviarían o helicóptero medicalizado con base en Santiago. A aeronave chegou rapidamente ao lugar, procedendo a trasladar ao ferido ao centro hospitalario.
Tamén acudiron axentes da Garda Civil e da Policía Local de Negreira.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos