14.2 C
Santa Comba
lunes, octubre 7, 2024

Valentín González Formoso: ”A Costa da Morte é unha das grandes esquecidas pola Xunta”

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, mantivo unha xuntanza con alcaldes e portavoces municipais da bisbarra.

Desde Vimianzo esixiu á Xunta que “cumpra coa Costa da Morte” e que incorpore aos próximos orzamentos as obras de continuación da autovía da Costa da Morte para “que sexa unha realidade iniciada en 2023.

Que a Xunta cumpra as promesas

Lamentou que o proxecto de continuación sexa “papel mollado” e adiantou que os socialistas impulsarán iniciativas para que a infraestrutura “comece a ser unha realidade en 2023”.

Os socialistas galegos reivindican que a Xunta retome a autovía comprometida ata Fisterra, en concreto o tramo final entre Santa Irene e Calo -Vimianzo-, anunciado polo goberno galego antes das últimas eleccións autonómicas, pero que aínda está sen licitar. O líder dos socialistas galegos deu voz hoxe á reivindicación da Costa da Morte para denunciar o incumprimento dos compromisos acadados polo PP coa comarca.


Explicou que “a Costa da morte é capaz de defenderse” grazas ao seu “dinamismo” socioeconómico e a que conta “cunha sociedade francamente admirable. Sen embargo, dixo, é “imposible” ofrecer as súas “xoias e tesouros” con capacidade económica necesaria “se non se lle dota dunhas infraestruturas de acceso mínimas”.


A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, resumiu que “queremos que -a infraestrutura- deixe de ser papeis e que sexa unha realidade”, como veñen prometendo dende antes das últimas eleccións autonómicas engadiu a demanda histórica do concello de que a Xunta acometa a conexión da infraestrutura co polígono empresarial da localidade.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos