10.3 C
Santa Comba
domingo, marzo 26, 2023

O PP critica que os dirixentes do PSOE se concentren na Baña en lugar de gobernar os seus concellos

A dirección do Partido Popular provincial lamentou que os alcaldes e concelleiros do PSOE, liderados polo secretario Valentín González Formoso «estean máis ocupados en criticar o sistema sanitario de Galicia en lugar de preocuparse por gobernar os seus respectivos  concellos».

Desde o PP aseguran que a atención sanitaria «é unha das prioridades da Xunta de Galicia», que se reflicte «no incremento do investimento que se produce ano a ano» e acusan ao PSOE «de tratar de “confundir á xente con mentiras que tratan de esconder a súa falta de xestión nas administracións que gobernan”.

Explican ademais que “para atender a esta poboación, o Sergas conta neste concello cunha  pediatra que atende 2 días á semana, martes e xoves, cota moi por baixo da media de nenos por pediatra da Área Sanitaria”, apuntan os populares, que recalcaron que, na actualidade, non existen demoras, a situación e de “paro cero” e non adoitan cubrirse os ocos de axendas de ambos días.

Lembran os populares que as situacións clínicas que o requiran e non podan ser atendidas na Baña por ausencia da pediatra,  teñen garantida a atención pediátrica ben no centro de saúde de Negreira, onde presta asistencia unha pediatra  todos os días e que dista menos de 7 quilómetros (menos de 10 minutos en coche) do dentro de saúde da Baña,  ou ben en Santa Comba que está a menos de 15 minutos, onde tamén hai sempre pediatra. 

“A maioría dos nenos do concello da Baña dispoñen dun pediatra a menos de 15 minutos do seu domicilio aínda que este ausente a súa pediatra”, apuntan os populares que poñen sobre a mesa que os nenos e nenas de máis de 3 anos son valorados no propio centro de saúde da Baña por especialistas en medicina familiar e comunitaria con formación en pediatría evitando na maioría de casos os desprazamentos.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos