11.9 C
Santa Comba
jueves, marzo 23, 2023

Concentración na Baña con ampla representación política

Un grupo de veciños e unha ampla representación de políticos, sobre todo socialistas, da bisbarra participaron na concentración convocada polo concello diante do centro médico da Baña.

O alcalde José Antonio Pereira esixiu “unha atención pediátrica digna e que se cubran as baixas e vacacións da pediatra do centro de saúde, que actualmente so temos dous días á semana, para que os nenos e nenas da Baña non teñan que ir peregrinando polos distintos concellos da comarca”. 

Asiste Valentín González Formoso

Pereira Gil asegurou que “se as parellas novas, cando teñen familia, non teñen un bo servizo de pediatría, non van quedar vivir en concellos pequenos. Xa tramitamos dúas queixas por escrito á Consellería de Sanidade e aínda non tivemos resposta”.Na concentración tamén participaron representantes do PP , de Compromiso por Galicia e do BNG local.

A relación de dirixentes socialistas presentes no acto foi ampla, encabezada polo secretario provincial, Valentín González Formoso, e cos alcaldes de Oroso, Negreira, o coordinador comarca Antonio Leira, o deputado autonómico Óscar Villar , o deputado provincial Blas García e concelleiros de Santa Comba, Teo, Rois, Santiago e Touro.

Nova polémica coa web municipal

O portavoz municipal de Compromiso, César Ramos volveu a denunciar a politización da concentración mediante unha publicación na páxina web do concello.Lembrou que «a xestión da web municipal pagámola os veciños e veciñas non o PSOE». 

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos