12.7 C
Santa Comba
domingo, abril 28, 2024

O primeiro de maio

Este pasado luns celebrouse unha xornada repleta de connotación ao redor da figura do obreiro ou do traballador. Máis aló da historia americana ao redor desta festividade creo que cómpre pensar nun colectivo que foi fundamental para a concepción do proletariado galego en si, os emigrantes.

Marchar sen nada en absoluto, a un país foráneo e sen apenas recursos é de por si un feito de superación. Sen embargo a isto podémoslle engadir o aliciente de especializarse ou aprender un oficio na industria sen ter experiencia algunha.

Moitísimos emigrantes sufriron o exilio da súa terra e empezaron de cero en fábricas que precisaban man de obra estranxeira para suplir a necesidade de traballadores que o mercado laboral lle esixía, nun mundo aínda sen modernizar e sen máquinas que eludisen traballos manuais.

Véñense a cabeza algúns exemplos míticos como as cigarreiras da Coruña,que deixaban as aldeas e que marcaron unha incursión magnífica das mulleres ao traballo fóra da casa, pero hai moitos máis. Os escritores e demais artistas tamén sufriron este desarraigo por mor da emigración, véxase a historia de Avelino Díaz ou Luís Seoane, que por motivos diferentes e diversos marcharon da súa patria.

Avelino, escritor lugués, marchou sentindo ese profundo sentimento de perda que asemade marca un antes e un despois na idiosincrasia de Galicia. Dicía el mesmo cando lle preguntaban polo suceso: » Doce anos tiña eu cando o meu parente, aventureiro e codicioso me trouxo pr-América, sin que eu, a esa edade, tivese deseios de vir nin motivos ou razós que me obrigasen a sair da nosa terra, xa que dentro d-unha relativa probreza, non me faltaba de nada (…) Eu non emigreu pol-o meu deseio.Quizabes, cando fose mais grande o fixese, pero d-aquela, non fixen mais que realizar unha aición de obediencia, coma se me dixesen que fose sachar as patacas ao leiro ou levar as ovellas ao monte» (Do libro Eu tiña doce anos).

Na Costa da Morte tamén existen referentes máis anónimos quizais que tamén sosteñen este mesmo movemento demográfico como Francisco Lema Antelo, cuxas cartas se empezan a recuperar logo tantos anos do seu falecemento en Bos Aires.Eles traballaron fortemente,(ás veces en situacións precarias) para mandar divisas á súa terra, ás súas familias. Aló eran os españois ou os galegos, aquí os arxentinos, os suízos, ós que estaban fóra. Fíxanse vostedes na perda de identidade que sufrían?

Esta foi a realidade de moitos traballadores galegos que foron deixando a súa pegada polo mundo.Eles foron heroes. Algúns regresaron, conversos en indianos, outros nunca volveron, soñando sempre ca quimera de regresar a súa terra.Eles contituíron un emblema de loita contra o establecido naqueles tempos de pobreza e desesperanza.

Nós hoxe tamén debemos loitar por un maio sen segas, usuras nin preitos, sen quintas nin portas, nin foros nin cregos como dicía Curros.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos