2.4 C
Santa Comba
viernes, diciembre 13, 2024

En tramitación varias denuncias por plantacións de eucalipto na zona da “Braña Rubia”

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural, José Luis Chan, asegurou que se están incoando distintos expedientes nas zonas de Braña da Serra e Braña Rubia (Loira) nos concellos de Santa Comba e Coristanco, froito das denuncias de Ecoloxistas en Acción.

Segundo Chan, as investigacións determinarán se de debe sancionar ou proceder ao seu arquivo. Lembrou que , a nivel xeral hai unha moratoria que “prohibe as novas plantacións de eucalipto” e que a Xunta “actúa sempre que ten constancia dunha infracción”.

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural, José Luis Chan, asegurou que se están incoando distintos expedientes nas zonas de Braña da Serra e Braña Rubia (Loira) nos concellos de Santa Comba e Coristanco, froito das denuncias de Ecoloxistas en Acción.

Braña Rubia no inventario autonómico e nacional

Avanzou que “Braña Rubia (Loira) será incluída no inventario nacional e autonómico”. Con respecto á “Braña da Serra” indicou que “hai zonas con plantacións de eucalipto de mesmo antes da implantación da Rede Natura de Galicia”, e ubicou a esta paraxe nun “status” diferente á anterior.

José Luis Chan informou que a finais de maio chegaron as denuncias e solicitaron informes aos distritos forestais. Confirmou que no territorio do concello de Coristanco “Hai actas de denuncia formuladas por plantacións de eucalipto nítens”.

Fixouse un período de alegacións e “non se descartan novas denuncias”.

En principio, a incidencia é menor no municipio de Santa Comba, onde “se están levantando actas para comprobar se hai infraccións”. E á marxe das parcelas denunciadas por Ecoloxistas en Acción están “a analizarse outras parcelas de oficio”.

Martín Seco que denunciou unha “plantación masiva de eucalipto en zona de turbeiras” en Braña Rubia (Loira) e Braña da Serra.

O PSOE pide recuperar os espazos afectados

A cuestión chegou á comisión de Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes por iniciativa do deputado socialista Martín Seco que denunciou unha “plantación masiva de eucalipto en zona de turbeiras” en Braña Rubia (Loira) e Braña da Serra.

“Os humidais deberían ser esenciais para a loita contra o cambio climático” sinalou Seco que valorou que Medio Rural adoptase medidas:”Vexo que están a tomar acción, pero pídolles presa para evitar que estas zonas síganse degradando e tentar que volvan a normalidade e se conserve ese fermoso brezal”.

Martín Seco pediu que se recuperan os espazos danados e denunciou que existen máis humidais afectados na provincia coruñesa. O parlamentario do PSOE visitou fai uns meses as zonas en cuestión en Santa Comba e Coristanco.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos