16.2 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

Camelle lembra o naufraxio do City of Agra con diversas actividades

Camelle e Arou lembran o naufraxio do “City of Agra”, do que se cumpren 125 anos cun amplo cartel de actividades organizadas pola Asociación Cultural Naufraxios Galegos e o Concello de Camariñas, en colaboración coa confraría local de pescadores e co apoio económico da Deputación.

Os actos arrancaron este venres 8 de xullo e prolongaránse ata o domingo. Na inauguración estivo presente o deputado responsable da área de cultura da Deputación, Xurxo Couto que dixo:»Estamos hoxe aquí para facer memoria, porque conservar a memoria, verdadeiro patrimonio inmaterial, é importante para lembrar quen fomos e por iso somosHoxe non só lembramos unha parte da nosa historia, senón que honramos a persoas que hai 125 anos arriscaron a vida por salvar a de doutros e mesmo os acolleron nas súas casas logo do traxedia”.

Este venres tivo lugar a apertura da Feira mariñeira, e a inauguración da exposición ‘City of Agra. 125 anos na memoria’, no Museo de Man. Así como outras actividades. A xornada rematará cunha palillada dramatizada (21,30) e cun concerto de Serj.

City of Agra
bty

Este é o programa para a fin de semana

SÁBADO 9

10.00. Apertura da segunda xornada da Feira Mariñeira.

10.30-13.30. Ruta animada dos náufragos do ‘Agra’, desde Arou ata o campo santo de Camelle.

13.00-15.30. Concurso de tapas con especias do ‘City of Agra’.

14.00. Sardiñada.

19.00-20.30. Visita guiada á exposición.
20.30-22.00. Foliada, no escenario do Teatro, cos grupos de baile de Camelle, Jolpe de Mar, Abrindo o rejo, Trubisquiña, Vaiche Boa e Mar Devalado.

22.30-23.30. Recreación da arribada dos náufragos do ‘City of Agra’ ao porto de Camelle, con música de O pau que vira.

00.15. Concerto de Os Melidaos no escenario principal.

DOMINGO 10

10.00. Apertura de la terceira xornada da Feira Mariñeira.

12.30. Homenaxe dos nenos e nenas de Camelle aos náufragos da Costa da Morte, no paseo marítimo.

12.50. Recepción de autoridades e entrega de medallas aos náufragos do ‘City of Agra’, no Campo da Area.

13.00. Pasacalles de despedida.

13.00-15.30. Concurso de tapas con especias do ‘City of Agra’.

18.00. Entrega dos premios aos gañadores dos concursos á mellor tapa, mellor fachada e mellor posto decorado.

20.00. Clausura do programa.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos