10.9 C
Santa Comba
viernes, mayo 9, 2025

Denuncian a destrución do humidal e das turbeiras de Castriz

O deputado socialista, Pablo Arangüena, anunciou que o PSdeG levará o Parlamento de Galicia unha batería de iniciativas para reclamarlle á Xunta que investigue, dea explicacións e poña freo á destrución dun extenso humidal e zona de brañas e turbeiras no lugar de Castriz, no  concello de Santa Comba.

Arangüena visitou a zona acompañado do tamén parlamentario Martín Seco e das concelleiras socialistas Blanca Ruzo e Jéssica Antelo, así como dun representante de Ecoloxistas en Acción e de veciños da parroquia.

Un atentado ambiental

Desde o PSOE queren que se investigue e se explique “este despropósito e atentado ambiental” nun hábitat prioritario dende o punto de vista ecolóxico.

Denuncian que se está a transformar unha extensión de máis de cen hectáreas de turbeira e breixo nun enorme eucaliptal “que vai desecar este humidal e eliminar a vexetación”.

“Trátase dunha zona de alto valor ecolóxico e que a Xunta debera protexer. Estamos ante un auténtico despropósito e un atentado ambiental de gran magnitude” manifestou Arangüena.

«O goberno de Feijóo négase a cumprir a súa propia normativa»

De feito, o parlamentario do PSdeG sinala que se trata dunha das áreas de turbeiras e brezal máis extensos de Galicia. Porén, “a Xunta nin sequera o ten catalogado e, polo tanto, a efectos administrativos non existe e pódese destruír sen máis”.

Nesta liña, Pablo Arangüena explica que existe un decreto do ano 2008 que obriga a elaborar un inventario dos humidais de Galicia, pero “o goberno de Feijóo, incriblemente, négase a cumprir a súa propia normativa e tamén a acatar a europea”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,160SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos