13.8 C
Santa Comba
domingo, marzo 24, 2024

“A caza non se está amosando como solución para a xestión do xabaril”

O secretario de Benestar Animal de Podemos Galicia, Rubén Sueiras, manifestou que “a caza non se está amosando como solución para a xestión do xabaril” e que incluso esta actividade “pode xerar un efecto rebote”.

Sueiras lembrou que “o xabarín é un animal moi intelixente, con capacidade de adaptación” e que a Xunta debería de optar por outras alternativas despois de “estudar sobre o terreo” a presenza deste animal.

Entrevista a Rubén Sueiras en Radio Xallas- Desde o minuto 40

Convenios a medida coa Federación de Caza

Criticou que a Xunta conceda subvencións con “convenios a medida” coa Federación Galega de Caza cando esta práctica non conta con respaldo social xa que “menos do 2% da poboación galega ten licencia de caza”. Tamén lamenta que se “trate de equiparar a figura do cazador a de calquera outro deportista”.Para o dirixente de Podemos “a regulación do ecosistema faise de xeito automático” e non precisa da caza.

Lei de Benestar animal

En relación aos recentes casos de maltrato animal visibilizados a través das redes sociais, e con respecto a Lei de Benestar Animal, incidiu na necesidade da prevención e denuncia que a pesar de que “está a aumentar o número de denuncias e a sensibilidade social,a Xunta non parece que lle dea moita importancia a esta norma, porque parece ser que hai expedientes que están a caducar”.

Rubén Sueiras engadiu:”Existen casos de brutalidade que non teñen resposta institucional. Non hai unha condena explícita a actos como o que vimos estes días en redes sociais dun home arrastrando trescentos metros a un can, amarrado ao seu vehículo”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos