8.7 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Agromuralla ameaza con mobilizacións:” Cando queren, deciden rachar os contratos e facer uns novos á baixa”

O portavoz da asociación Agromuralla, Roberto López,  afirmou en Radio Xallas que no caso de que as administracións non respondan “en breve” ás denuncias sobre as prácticas das industrias ,que acaban de poñer no seu coñecemento, “teremos que mobilizarnos”.

“Á industria non lle dan as contas e recorre ao sector máis feble.Cando queren, deciden rachar os contratos e facer uns novos á baixa” sinala.
Roberto López pensa que as industrias “pretenden levarnos por debaixo dos 30 céntimos” cando menos de 34 céntimos por litro non ven sendo moi rendible.Pensa que queda demostrado que “A Lei da Cadea foi un parche feito á carreira” para evitar protestas.

“Non podemos tolerar isto” dixo. Criticou a postura dos sindicatos agrarios:”Os sindicatos cando pasa algo gordo agochan as orellas, se tiveran un mínimo de vergoña farían algo”.

Entrevista a Roberto López- Desde minuto 30

E apuntou a ádministración. Polo que respecta á Xunta “debería revisar a que industrias lle está dando as axudas” e en relación co Ministerio de Agricultura “debería de facer unha Lei da Cadea” que defendera aos produtores de leite.

“Cambiamos de ministros ou de conselleiros pero seguimos como estamos” lamentou o dirixente de Agromuralla, que acusa as industrias de utilizar a “política do medo”, precisando que “xa son moitos os gandeiros os que se negan a asinar os novos contratos” e advertindo que “non podemos permitir que a pandemia sirva de excusa para seguir roubándonos”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos