7.9 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

Bieito Romero(Luar na Lubre):”O peregrino é o eixo central deste novo disco”

Entrevista a Bieito Romero en Radio Xallas -min-33

“Vieiras e vieiros: historias de peregrinos” é o novo disco de Luar na Lubre. Este 2020 ía camiño de ser moi potente para o grupo, pero chegou o coronavirus:”O disco estaba en fábrica e houbo que paralizar todo.Tiñamos case 100 concertos na axenda  para realizar nesta xira”.

De todos os xeitos o disco lanzouse e a xente acolleuno ben.”É un disco conceptual, pensado nos diferentes Camiños de Santiago. Fomos o centro do mundo durante un tempo na historia” comenta Bieito Romero.

“Son catorce historias onde o peregrino é o eixo central deste novo traballo” engade o músico. Cal é o segredo da traxectoria de Luar Na Lubre?:”O traballo, a tenacidade e entender o que significa esta música. Temos unha enerxía interna grande e unha creatividade boa”.

Son case 36 anos de vida e 19 discos. Bieito non dubida:”Hai poucos grupos que teñan esta fertilidade discográfica”. Tamén contrasta a boa acollida do público coa proxección nos medios:”É unha música que non soa nos medios de comunicación e non está divulgada.Pero non é unha música para xente rara. Somos normais” bromea.

«Levamos moito tempo facendo música do Camiño de Santiago»

Sobre a coincidencia coa véspera dun Ano Santo, recoñece que pode haber “un punto de oportunidade” pero tamén aclara que Luar Na Lubre “levamos moitísimo tempo facendo música do Camiño de Santiago”.

De feito neste disco dobre hai unha parte recopilatoria con cancións nas que participan Pablo Milanés, Ismael Serrano ou Diana Navarro.

Hai un tema adicado ao Vákner, esa historia mítica recuperada polo concello de Dumbría:”É unha lenda fascinante que había que poñer en valor a través da música”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos