Rafael Cuiña quere combater o paro existente// Investimento de 123.000 euros para 60 persoas//
O concello de Lalín poñerá en marcha no vindeiro mes de setembro o programa “Mocidade Activa”, que estará operativo ata o mes de agosto de 2017, e no que participarán un total de 60 persoas menores de 30 anos.
Mocidade Activa busca empregar como mínimo a trinta persoas
O obxectivo deste programa, no que se investirán 123.449 euros é a inserción laboral de cando menos trinta persoas, a metade dos participantes. A iniciativa conta co apoio económico da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
“Mocidade Activa” ten dous bloques de actuación. Por unha banda, están os “grupos de emprego e emprendemento solidario”, formados por grupos de máximo 15 persoas que coa coordinación dun “coach” participarán en aprendizaxes para fomentar coñecementos e habilidades para, segundo explican desde o concello “levar a cabo a intermediación laboral en busca de novas oportunidades de acceso ao mercado laboral”.
Por outra banda está o “Plan de activación xove”, onde os mozos realizarán itinerarios integrais de mellora da empregabilidade e funcións dos seus perfís profesionais e que co asesoramento de persoal do propio programa poderán derivar en obradoiros de busca activa de emprego, prevención de riscos, ou acción formativas “a carta” como froito da prospección empresarial realizada, en diferentes sectores.Ademais, tamén se ofertan prácticas en empresas.
O goberno de Lalín considera prioritara a creación de emprego
O alcalde de Lalín asegura que “a posta en marcha deste tipo de iniciativas resulta aínda máis “se temos en conta que o Concello de Lalín se está volcando no desenvolvemento de proxectos para nunha competencia que non lle corresponde ás administracións locais”. Por outra banda, Cuíña salienta que o Goberno municipal está a centrar os seus esforzos en desenvolver actividades que melloren a empregabilidade das persoas con especiais dificultades de inserción no mercado laboral. Boa mostra disto “reflíctese na redución das cifras do paro experimentadas no último ano, con preto de 200 persoas menos nas listas de desemprego”.