O voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, defendeu desde Carballo, unha xestión pública en materia de formación para favorecer ós desempregados “e non aos aproveitados”.
Texto-X.M.Lema- Fotos Fórmula Fun Galicia
Xavier Vence: ”O PP creou redes clientelares”
Xavier Vence demandou “máis recursos a través dos circuitos públicos con garantías de control en beneficio dos desempregados e non dos aproveitados”.O voceiro do BNG pensa que casos como os que se están vivindo en A Coruña relacionados cos cursos de formación pasan “por non canalizar este uso de fondos a través das estruturas públicas”.Asegurou que “O PP creou redes clientelares en moitos puntos do país”.
“Os concellos do BNG apostan pola formación e o emprego”
Vence fixo estas declaracións na súa visita ao concello de Carballo, na que comprobou a actividade que se desenvolve no Fórum. Destacou a xestión “modélica” do concello carballés que é unha mostra “da aposta política estratéxica dos concellos do BNG pola formación e o emprego”.
Asimesmo incidiu no “esforzo presupostario en formación e promoción do emprego por parte do goberno local”, que alcanza os 300.000 euros, e que contrasta “coa reducción inxustificada” que promove a Xunta de Galicia.Xavier Vence entende que o Fórum Carballo é “unha aposta racional e eficiente que evita estes despilfarros que estamos vendo” e “o uso corrupto de recursos en centros privados”.
Evencio Ferrero lamenta a falta de apoio da Xunta
Pola súa banda, o alcalde carballés Evencio Ferrero lamentou a falta de apoio das administracións “nomeadamente a consellería de Traballo” para optimar a oferta do Fórum.“O concello fai un esforzo e gustaríanos tamén que outras administracions como a consellería de Traballo optimizara tamén estas instalacións para trasladar a formación a través dos concellos e non de empresas estrañas que están por ai pululando” sinalou Ferrero Rodríguez.
O alcalde lembrou que o Fórum é o centro que máis homologacións ten de toda Galicia, con 21:”A formación, o emprego e o traballo é unha prioridade para o concello de Carballo” comentou o rexedor ao tempo que lanzaba unha mensaxe a Xunta asegurando que “espero que se reconduzan comportamentos”.