5770 fans     1544 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Vota Partido Popular Elecciones 26M 2019
Ingenieria Rodríguez
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

José Díaz:“Faremos unha auditoría aos 16 anos de desgoberno e das promesas incumpridas do PP, para saber a onde foron parar os cartos”

José Díaz:“Faremos unha auditoría aos 16 anos de desgoberno e das promesas incumpridas do PP, para saber a onde foron parar os cartos”

Entrevistas | Publicada: 11/05/2019

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
3
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 16 minutos e 5 segundos.

Óscar de Souto entrevista ao candidato de Ciudadanos Independientes de Cabana(CIC), José Díaz, unha formación que se presenta por primeira vez ás eleccións.
 
P- Saneamento do litoral e das parroquias
 
R-A agrupación de electores Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC) ten como obxectivo sanear integralmente o litoral cabanés e rematar coas verteduras. Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC) comprométese ao saneamento integral do litoral cabanés e rematar cos vertidos. Interésanos o marisco da ría e o traballo das mariscadoras, interésanos o desarrollo turístico e interésanos un litoral saneado para garantir a saúde pública e dos nosos ecosistemas.
 
P- Medidas para protexer a Paisaxe
 
R-Eliminar os tendidos eléctricos e de telefonía aéreos.O fomento dun urbanismo responsable e respetuoso coa arquitectura popular. Evitar o feísmo.Eliminar os parques eólicos do noso municipio na liña de costa porque destrozan a paisaxe e prexudican o turismo.
 
P- Medidas para fomentar o emprego e a industria e incrementar a poboación no rural (resposta as preguntas 3, 4 e 6).
 
R-Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC) comprométese a:
O polígono industrial de Nantón – Anos será por fin unha realidade e os plans para o seu desarrollo están xa bastante avanzados. O noso obxectivo é a industria e o emprego, para todas e todos. Non podemos seguir perdendo o tren do desarrollo industrial no noso municipio. Somos e seremos o goberno do desarrollo industrial, do emprego e do chan industrial a cero custes para as empresas de Cabana. Xa hai empresas interesadas en asentarse e os plans están xa maduros.
 
Polígono industrial de Nantón:
 
Garantimos a posta en marcha do polígono industrial de Nantón. Para facilitar o asentamento de empresas e garantir as primeiras inversións, teremos que asinar un par de convenios, para que o prezo do metro cadrado sexa moi baixo para as empresas de Cabana, a custe cero se pode ser e un pouco máis para as empresas de fóra, pero sempre a prezos moi rebaixados.
 
Temos que seguir os pasos de Ponteceso e Vimianzo e non perder este tren.
 
Para que as empresas se vaian asentando iremos facendo ou seguinte:
 
Un heliporto base para os helipcóteros do 061 Urxencias sanitarias de Galicia.
Instalacións deportivas e de lecer: pistas de tenis e pádel.
Un centro ecuestre de equitación e a formación dun clube de hípica.
Un párking para autocaravanas.
Un centro xeriátrico para a terceira idade como o que se vai a facer en Ponteceso, porque agora só está o Centro de día de Neaño, e este é insuficiente e non atende de noite ás persoas.
Levar a auga ao polígono desde a canteira abandonada de Nantón (sempre co permiso dos propietarios). Esta auga pódese utilizar nos usos industriais.
Unha base para a extinción de incendios cun helipcótero con cámaras para axudar na prevención dos incendios. Este helipcótero contará con cámaras capaces de transmitir imaxes fixas e de vídeo en tempo real e xeorreferenciadas, o que permitirá comprobar a situación dos lumes sobre plano e a súa evolución, con unha calidade que será de vital axuda á hora de tomar decisións durante os traballos de extinción.
 
2.- Faremos unha auditoría aos 16 anos de desgoberno e das promesas incumpridas do Pp, para saber a onde foron parar os cartos.
 
3.-Paralizar o Plan Xeral de Ordenación municipal, para que a veciñanza non perda o chan edificable que ten arestora e redelimitar os núcleos será unha das nosas prioridades.
 
4.- Garantir un subministro de auga potable en condicións óptimas e eliminar os vertidos que van campo a través cara a ría tamén será unha das nosas prioridades, ao igual que poñer a punto o alcantarillado e a rede de sumidoiros.
5.- Rematar o paseo marítimo ata Ponteceso e facer do paseo marítimo cabanés un referente galego no desarrollo turístico, de xeito que inclúa un clube náutico como é debido e instalar un ou dous pantaláns, onde poidan amarrar as embarcacións de recreo e os barcos.
 
Paseo marítimo e desarrollo do litoral cabanés:
 
Rematar o paseo marítimo ata o dique de Ponteceso e instalar un pantalán ou dous, para o amarre de pequenas embarcacións e barcos.
Crear un club náutico como é debido, que agora é unha caseta de obras.
Sanear todo o litoral cabanés para acabar cos vertidos á ría.
Tramitar a bandeira azul para a praia de Rebordelo.
Dotar ás praias de bós accesos e do servizo de socorristas. Dotar ás praias de mobiliario adecuado e accesibilidade para as persoas con diversidade funcional e capacidades diversas.
 
P.- Servizos para a terceira idade
 
1.- Reforzar o departamento de Servizos Sociais do noso concello, dotándoo de máis persoal e maior dispoñibilidade orzamentaria.
2.- Incrementar a plantilla do persoal auxiliar coidador, incrementar o número de horas de axuda no fogar que se lle adican a cada persoa maior e reducir os prezos públicos do custe do servizo. Estender o servizo de axuda no fogar a máis persoas (isto será posible reducindo custes naquelas partidas orzamentarias que menos prexudiquen os servizos públicos municipais, o que nos permitirá incrementar as plantillas e pagar os salarios establecido por lei).
3.- Festa anual gratuita para a terceira idade.
4.- Ximnasia e autocoidado para as persoas maiores en todas as parroquias. Abrir os locais sociais das parroquias e dotalos de materiais e persoal, para a atención do ocio e do tempo de lecer das persoas maiores.
5.- Construción dun xeriátrico no polígono industrial de Nantón.
6.- Reforzar o Centro de Día de Neaño con máis persoas usuarias e máis persoal. Baile para os nosos maiores todas as fins de semana e máis programas de actividades. Dotar a centro dun servizo de fisioterapia xeriátrica e masaxe.
7.- Reforzar o programa de Educación Familiar para as persoas maiores: autocoidado no domicilio, axuda no fogar, alimentación sá, formación nos dispositivos de axuda…etc.
8.- Desarrollo dun programa específico de fisioterapia para a terceira idade. Axudas para a compra ou renovación das próteses.
9.- Desarrollo dun programa específico para as persoas afectadas de alzheimer e os seus coidadores e coidadoras.
10.- Desarrollo dun programa específico para o tratamento da diabete e a colesterolemia.
 

 P- Vaiselle  esixir a empresa Naturgy que pague do seu peto a luz pública e a do concello despois de instalar eólicos  na serra do Gontón ?

 
R-Hai que auditar a execución das obras do proxecto eólico de Mouriños, para ver se están a executarse ou non conforme ao proxecto autorizado. No caso de non ser así, paralizalas e pedir á empresa unha compensación polos danos causados na serra do Gontón trás o emprego de explosivos. Negociaremos coa empresa luz gratis para as veciñas e os veciños durante alomenos 5 anos (incluido o alumeado público), pola compensación dos danos causados na serra do Gontón. Estas negociacións son habituais coas empresas do sector eléctrico, e neste caso consideramos que Naturgy ten que compensarnos pola desfeita que fixo no Gontón coa utilización dos explosivos.
 
P- Mellora da atención primaria
 
Vamos a reforzar o centro de saúde da Carballa e de Nantón con máis medios persoais. Nas tempadas de vacacións e periodos estivais Nantón ten que disponer de atención médica ao igual que a veciñanza que vai ao centro de saúde da Carballa. Vamos a solicitar unha praza de pediatra permanente e dentista.
 
P- A transparencia nas actividades municipais.
 
Atención á Cidadanía
O alcalde e a súa equipa de goberno estaremos a disposición dás veciñas e dos veciños para todo o que precisen e cumpriremos cos horarios municipais para atender a todas as súas demandas.  Non como agora, que o que está, chega tarde e incluso hai que pedir cita para falar con el.
A atención ás veciñas e veciños é fundamental para Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)
Falar coa Cidadanía. O dereito da veciñanza a participar nos asuntos públicos
Todas as obras e servizos que se presten deben estar consensuados coa veciñanza. Falar cás veciños e cos veciños para saber o que precisan e as necesidades de cada parroquia é fundamental. Reunións parroquiais e xuntanzas veciñais serán o habitual, antes de aprobar calquer actuación ou programa de inversión. A veciñanza ten o dereito a participar e a ser escoitada e nós o deber de atender ás súas demandas.
É o deber dos servidores públicos falar cás veciñas e cos veciños, escoitar as súas demandas e atendelas con prontitude. A veciñanza ten o dereito a participar e a ser escoitada.
Transparencia e información
En Cabana non se publican os contratos menores nin as sesións dos plenos municipais, non se sabe a quen se adxudican as obras nin canto se gasta realmente nelas. A Cidadanía ten dereito a saber en todo momento que se contrata, con quen e por canto diñeiro. A transparencia e a información son fundamentais para Cidadanía Independiente de Cabana (CIC).
 
* Muller e Igualdade de xénero
Sin dúbida somos a candidatura máis feminista. Traballaremos para acadar a igualdade de xénero en todos os eidos da vida municipal. Connosco haberá Xefas de Obra, Aparelladoras e Enxeñeiras…etc. As empresas adxudicatarias de contratos públicos municipais terán que demostrar que cumpren coa normativa de igualdade de xénero.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

Juan Blanco:”Imos mellorar o resultado que xa tíñamos porque fixemos moito traballo”

Juan Blanco:”Imos mellorar o resultado que xa tíñamos porque fixemos moito traballo”

Escoita a entrevista a partir do minuto  66 deste audio.     O candidato do BNG á alcaldía de Mazaric…

Ler máis
María Pose:“Queremos unha Santa Comba con respecto e traballo e sen berros nin insultos”

María Pose:“Queremos unha Santa Comba con respecto e traballo e sen berros nin insultos”

“Pídovos o voto para escribir unha nova historia, que teña como protagonista a Santa Comba” asegura a candidata po…

Ler máis
Sandra Vilela:”Estamos preparados para gobernar Muxía”

Sandra Vilela:”Estamos preparados para gobernar Muxía”

La candidata del PP de Muxía propone medidas para frenar la pérdida de población. “Muxía necesita un cambio. Se…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Vota Maria Pose Santa Comba Partido Popular Cierre Campaña 26M 2019
Vota Juan Blanco Mazaricos Bloque Nacionalista Galego
Vota Sandra Vilela Muxía Partido Popular
Cena benéfica autismo Santa Comba 2019
Vota Mónica Rodríguez Vimianzo Partido Socialista Obrero Español
Vota Abraham Gerpe Coristanco Contigo Somos Democracia
SAT Busto Corzon Mazaricos
Gadis Promo O Son do Camiño
X Ruta das Tapas Santa Comba
Autos Xallas
Concello de Coristanco
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

A soidade do cisne

Óscar de Souto

Cando algún aldeán ou "villano" espeta esa máxica coletilla de «ese non é daqui, oooh» , moi recurrente ademais nestes páramos bergantiñàns, …

Óscar de Souto
Ler máis

Debate - Espectáculo

José Manuel Palacín Y Rodríguez

Este artículo trata de sintetizar varias reflexiones sobre los debates padecidos en estos últimos dos días.  Lo primero que se me viene a…

José Manuel Palacín Y Rodríguez
Ler máis

Galicia hai 20 anos. Galicia hoxe

Álvaro Rodríguez

No presente século  XXI, conceptos e ideas tradicionais como Patria, Nación, Nación Histórica, Estado-Nación, ou Estado sen nación, cultura pro…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información