O camión envorcou mentres circulaba pola vía, o que provocou que colidisen contra el outros dous vehículos.
Segundo informa AXEGA 112 preto das 18:30 horas, o 112 Galicia foi coñecedor deste accidente gracias ás chamadas de varios particulares. Segundo indicaron, tratábase dunha colisión de dous vehículos contra un camión, coa posibilidade de que houbese feridos tralo impacto.
Axiña, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Carballo, Garda Civil de Tráfico, GES e Protección Civil de Ponteceso.
O accidente, sucedido na AC-424 ao seu paso por Corme, saldouse con dous feridos segundo informaron os membros do GES. Do mesmo xeito, indicaron que un deles estaba sendo atendido no punto.
Por outra banda, houbo que cortar a circulación dun dos carrís á espera da limpeza da vía.
FOTOP-ARQUIVO

