5.4 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Os bombeiros rescatan a unha persoa atrapada nun turismo envorcado na AG-55, na Laracha

Unha persoa quedou atrapada no interior dun turismo despois de saírse da vía e bater contra a mediana na AG-55, ao paso polo concello coruñés da Laracha.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o sinistro rexistrouse ás 14:30 horas de hoxe á altura de Cabovilaño, en sentido á Coruña, e, como consecuencia do impacto, un dos ocupantes quedou atrapado. Así, desde o 112 Galicia, avisouse aos efectivos do Servizo de Prevención, Exintinción de Incendios e Salvamento de Carballo para liberar á persoa e facilitar o traballo dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias.

No coche viaxaban dúas persoas, pero só unha necesitou da axuda dos bombeiros para saír do vehículo que quedou envorcado sobre a mediana.

Fonte-Axega 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos