11.3 C
Santa Comba
martes, abril 30, 2024

Dúas persoas feridas tras sufrir un accidente en Sofán

Informa-AXEGA 112– ACCIDENTE EN SOFÁN

Os dous feridos foron evacuados en dúas ambulancias do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

A Policía Local foi quen, pasados uns minutos das oito e media da tarde pasada, informou ao 112 Galicia dun accidente con persoas feridas no lugar de Carracha, en Sofán, na localidade de Carballo. 

Nada mais recibir o aviso, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico e dos efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil da localidade. Do mesmo xeito foron informados os Bombeiros de Carballo.

Unha vez no punto, os efectivos de Protección Civil indicaron que se tratou dunha saída de vía na DP-1907. Dúas persoas maiores, o condutor e o acompañante, resultaron feridas e foron trasladadas en dúas ambulancias que os servizos sanitarios derivaron ao lugar.

Engadiron, ademais, que un muro foi derribado debido ao impacto.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos