13.1 C
Santa Comba
viernes, junio 13, 2025

Creada unha entidade de apoio a doentes de cancro en Santa Comba

O vindeiro martes 5 de xullo terá lugar a presentación dun grupo de apoio a doentes de cancro e familiares. A asociación denomínase “Unha amiga sabe ver que necesitas unha aperta”.

O acto terá lugar na sala de reunións do Centro de Saúde de Santa Comba ás 13,30h. A primeira directiva estará presidida pola xalleira Ana María Ferreiro e segundo os promotores “e conta coa colaboración dun grupo ilusionado por traballlar para que se lle perda o medo a falar da enfermidade oncolóxica na nosa sociedade e crear vínculos duradeiros entre a veciñanza e os asociados, incluso a través da colaboración en actividades culturais, deportivas e na natureza que poidan unir e facer compartir tempo entre doentes e familias”.

Con esta nova asociación preténdese crearun programa de voluntariado testemuñal e social para reunir a doentes e familiares da contorna da Terra do Xallas. E tamén realizar encontros con outras asociacións de saúde e/ou orientadas ao cancro “para compartir inquedanzas e obxectivos e ir construindo unha rede de apoios para os doentes e familiares desta comarca”.

A asociación nace co apoio do cadro directivo e médico do Centro de Saúde de Santa Comba.Tamén o Concello de Santa Comba colaborará coa cesión de espazos para xuntanzas e actividades que promova a asociación.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,180SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos