Atropelo en Vimianzo- Informa AXEGA 112
O 112 Galicia recibiu outra alerta por un atropelo en Vimianzo..Sucedeu pouco antes das once na AC-432, en Recesindes, onde un peón foi alcanzado por un vehículo patrulla da Garda Civil. De momento, os axentes de seguridade tratan de investigar as circunstancias do suceso, xa que se descoñecen as razóns polas que a persoa entrou na vía.
Para atender ao ferido, os xestores do 112 Galicia pediron a colaboración dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para, finalmente, trasladar á persoa ao centro médico de referencia. Tras as primeiras informacións que apuntaban ao estado grave do afectado, confirmouse que o ferido foi evacuado consciente.