Fonte-AXEGA 112
Un cazador resultou ferido e necesitou ser trasladado nun helicóptero medicalizado, no concello de Vila de Cruces, logo de sufrir o ataque dun xabaril.
O feito sucedeu no lugar de Vilanova, parroquia de Camanzo, preto das catro e media da tarde. A esa hora, o propio home contactou co 112 Galicia para narrar o acontecido e solicitar asistencia médica. Ademais, para asegurar a chegada dos medios de emerxencias ao lugar, o cazador facilitou a súa posición por coordenadas aos xestores do CIAE-112. Acto seguido, estes informaron aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061, que mobilizaron a aeronave medicalizada de base en Santiago, ata a zona, na que o varón foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.
Ademais, desde o 112 púxose a situación en coñecemento da Garda Civil e dos membros do GES de Lalín e de Protección Civil do municipio por ser fose preciso prestar apoio no lugar.