FOTO-SEVA FIGUEIRIDO
A banda viguesa Xhamain xa lanzou o seu primeiro disco “Na Alma”.Esta é a primeira entrega para “unha especie de triloxía porque xa temos cancións compostas para un triple disco aínda que non é conceptual”, aclarou o guitarra e compositor, Rubén Alonso.
Xhamain (que encerra no nome unha homenaxe ás noites máxicas de San Xoán e Shamaín) aposta polo idioma da terra:”Sempre tivemos claro o de cantar en galego. Para cantar é marabilloso. É un idioma que encaixa no noso estilo”.E usando instrumentos “enxebres” sen complexos:“A gaita queda espectacular. Está pouco aproveitada no mundo do metal”.
Están contentos co resultado da gravación e coa achega dun “referente mundial” como Tony Lindgren, que masterizou os temas gravados e producidos polo propio Alonso que non dubida:”Queremos volver a contar con él. Foi unha experiencia moi satisfactoria”.
Xhamain lanza o seu disco dentro da escudería de Suspiria Records. Teñen que claro de que “hai que investir en publicidade. Se non fas unha boa promo quedas na metade do camiño. E nós queremos que a xente nos coñeza e logo que decida”.
Rubén Alonso contou en Lobos de Metal que as letras de Xhamain son diversas pero neslas latexa a “esperanza”. Agardan que “Na alma” sexa do agrado dos aficionados, e a verdade é que non defraudará aos amantes deste estilo.