Nesta data chegoume a triste noticia do falecemento de Lola, a muller do artista e amigo Manolo Couto. Un pasamento que encheu as redes con centos de mensaxes de condolencias.
Eu tamén quero sumarme a ese sentimento de tristura, lembranza e compaña. Tristura polo dura que é esta perda. Lembranza que quero ter por Lola, a quén tiven o pracer de coñecer. E compaña e ánimo para Manolo.
Cada día (excepto neste mes de agosto de vacacións) inicio o meu programa en Radio Xallas cunha canción que compuxo Manolo Couto para «Na Encrucillada». Hoxe inicio este día cunha oración pola súa muller e cunha mensaxe de ánimo para ti, Manolo, amigo. Moita forza mestre.
Xosé Manuel Lema Mouzo