O alcalde de Zas, Manuel Muíño, instou ao Sergas a garantir un servizo de pediatría de calidade, despois da preocupación xurdida a que os consultorios de Zas e Baio poidan quedar sen especialistas durante a primeira quincena de decembro, coincidindo coas vacacións dos facultativos.
«É responsabilidade do Sergas dar unha solución para que os nosos nenos e nenas teñan a atención sanitaria que lles corresponde sen ter que desprazarse a outros puntos da comarca ou incluso fóra dela» afirma Muíño.
Desde o concello tamén lembran a redución de horas que xa está afectando ás familias do concello de Zas.