O concello de Santa Comba súmase á Festa do Entroido esta fin de semana. O sábado, en colaboración coa asociación locais da Movida de Santa Comba haberá festa nocturna coa animación dunha charanga e o reparto de 5.000 euros en premios para os mellores disfraces en grupos, parellas e categoría individual e tamén para o grupo máis numeroso e para o disfraza máis orixinal. Agárdase unha noite de diversión.
E o domingo 11 de febreiro, o recinto feiral acollerá un festival con concurso de disfraces e de postres, inchables, obradoiros, xogos, música e ata un espectáculo de maxia con Charly Braun. Repartiranse dous mil euros, en vales para mercar nos establecementos do pobo.