10 C
Santa Comba
miércoles, enero 22, 2025

Grandimirum remata a terceira etapa

Esta fin de semana tivo lugar unha nova etapa da iniciativa impulsada pola asociación Grandimirum que quere reivindicar o camiño histórico que pasaba por Brandomil.Nesta ocasión os camiñantes fixeron o traxecto entre Brandomil(Zas) e Berdoias, no concello de Vimianzo.

A última etapa, que concluirá en Muxía, terá lugar este sábado 17 de setembro. Os promotores indican que «unha vez finalizado o camiño as Asociacións implicadas, lideradas por Grandimirum, definirán a ruta óptima para facer a marcaxe definitiva para futuros peregrinos, e empezar a facer os trámites pertinentes para conseguir o recoñecemento administrativo deste camiño».

Grandimirum conta coa colaboración do concello de Zas e de veciños de A Pereira(Santa Comba), San Cosme de Antes(Mazaricos), Baiñas e Berdoias(Vimianzo).

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos