7.6 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Debate Eleccións Galegas en Adiante Galicia

//Comezamos o noso seguimento ó #debatecrtvg //Actualización permanente//

Debate y participa con tu voto y tus argumentos:

00:05″Modelo institucional»

Primeira quenda

Ana Pontón:«Temos dereito a ser unha nación soberana.Necesitamos ter máis competencias para resolver os problema dos galegos».

«Estamos pagando moitos máis impostos dos que despois retornan»

Leiceaga:«Galicia é unha nacionalidade histórica e temos que ter un nivel de competencias altas»

«O sr. Montoro decidiu prorrogar o modelo de financiación e desde aquí non se puxo ningunha pega».

Luís Villares:«Entendemos Galicia como un país con vocación de convivir que pivota sobre o valor da solidaridade».

«O PP renunciou ao desenvolvemento estatutario»

Feijóo:«Eu non son nacionalista, eu son da maioría dos galegos».

«Nós mantivemos o autogoberno cen por cen en vigor porque non estamos rescatados».

Cristina Losada:«Nuestro objetivo es tener una Galicia fuerte»

«Ciudadanos nació en Cataluña como respuesta a la asfixia del nacionalismo»

Segunda quenda

Ana Pontón:»A lingua é o que máis nos une e neste anos houbo unha política que atacou a língua galega».

Leiceaga:»Vostede atacou a lingua e quebrou o consenso. Nós imos a facer todo o contrario».

Núñez Feijóo:»Nós somos galegos e en consecuencia tamén somos españoles.Pido un respecto para xente que vota ao Partido Popular. Os galegos votamos a quen nos peta».

Luís Villares:»Galicia é unha nación que quere un bo goberno».

Cristina Losada:»Cuando habló de constitucionalistas debería incluír a los socialistas pero el PSOE duda lo que quiere ser de mayor».

23:29-Bloque «Rexeneración democrática»

Segundo bloque:

Luís Villares:«A sede de Génova está imputada por corrupción e vostede é un directivo nacional».

Ana Pontón:«Solucionan a corrupción a martillazos nos discos duros».

«Deu orden de secuestrar a comisión das caixas»

Cristina Losada:«El voto a Ciudadanos sirve para que la Diputación de Ourense deje de ser propiedad propiedad».

Leiceaga:«Nós queremos crear organismos dependentes do Parlamento para mellorar a calidad das decisións da administración».

«Queremos unha televisión pública independente».

Alberto Núñez Feijóo:«Sacamos unha lei para a participación cidadana».

«As caixas estaban quebradas e neste momento mantemos cinco mil postos de traballo».

«O Sr. Leiceaga está aquí polos casos de corrupción do PSdeG».

23:00Bloque»Política e benestar»

Segunda quenda

Cristina Losada:«Queremos reformas y no recortes».Asegura que pedirá cambios pero marca distancias co PSOE e cos «populismos».

Ana Pontón amosa unha axuda á dependencia de dez euros mensuais e demanda un cambio na normativa.

Núñez Feijóo insiste en que hai máis hospitais e servizos públicos»e somos os primeiros en España en atención á infancia».

Luís Villares:»Nós garantizamos un sistema sanitario público e universal».

Leiceaga a Feijóo:»O seu goberno é o responsable directo do deterioro dos servizos públicos».Anuncia a gratuidade dos libros de texto.

Primeira quenda-

Alberto Núñez Feijóo:«Tivemos 2.000 millóns de euros menos cada ano pero duplicamos a RISGA, pactamos un plan social para combater a pobreza.0 80% dos galegos temos un hospital novo ou reformado e menos lista de espera.En Galicia diminuiu o fracaso escolar e incrementamos un 70% as prazas en escolas infantís».

Cristina Losada:«El PP de Galicia optó por recortar en lo imprescindible».Denuncia  as desigualdades entre o mundo rural e urbano.»La prioridad deben de ser los servicios públicos y no los asesores».

Ana Pontón:»En Galiza medrou a pobreza e o malestar social».O BNG propón unha renda de garantía social e anuncia o «rescate» do hospital de Vigo e «a eliminación dos copagos sanitarios».

Luís Villares fala da denegación de medicamentos no Hospital de Vigo e a acusación de dous altos cargos do goberno galego.O candidato de En Marea critica as listas de espera,os quirófanos infrautilizados e camas pechadas.

Fernández Leiceaga afirma quen «O goberno do Sr. Feijóo pasará a historia polos recortes sociais».O líder do PSOE quere «revertir a privatización do hospital de Vigo»e a contratación de 1.500 traballadores na sanidade e 1.200 na educación.

22:30-Descanso

22:00- Sectores Produtivos

Segunda quenda

Fernández Leiceaga lembra as mobilizacións do cerco e fala de recurtes nos fondos do IGAPE.»Hai que reformar o IGAPE e necesitamos un fondo xestor do solo empresarial».

Ana Pontón:»Vostede sabe que non vai a gañar por iso está preocupado en quen vai a ser o próximo conselleiro de Economía».Califica de «triunfalista» o discurso de Feijóo. Propón «unha lei de contratos homologados» para o leite e protexer a pesca artesanal e ós emprendedores e pequenos comerciantes.

O candidato do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, comenta que «temos o récord de internacionalización de empresas» e aplaude o traballo do IGAPE, os investimentos da Xunta en innovación, a carga de traballo na automoción e en Navantia.

Cristina Losada aporta un dato:»Galicia perdió casi 3.500 autónomos al año desde el inicio de la crisis».Pide apoyo para marineros y productores lácteos y su defensa en Europa.Homenajea a los «héroes anónimos» que trabajan en la extinción de incendios.

Luís Villares propón o saneamento integral das rías galegas, proteccionismo coas denominacións de orixe, e un plan de transformación do leite. 

Primeira quenda

Leiceaga:«No agro temos 27.000 ocupados menos e no mar perdemos 500 barcos».O candidato socialista demanda «prezos xustos» para o leite, un reparto xusto das cotas do cerco e apoio a flota artesanal. 

Ana Pontón:«Temos os prezos máis baixos para os nosos produtores».Critica que as forzas estatais non defenderon os sectores produtivos.»Estamos a cola de Europa en investimento en I+D+I»manifesta Pontón que pide «unha tarifa eléctrica galega».

Luís Villares lembra que o PP impulsou unha lei de acuicultura privatizadora que pararon as xentes. Insiste na crise láctea e acusa a Feijóo de electoralismo cos contratos do naval.»Deixou escapar as caixas de aforro galegas»dí Villares.

Feijóo pide rigor:»No mar cando gobernaban os socialistas baixaron as cotas do peixe un 44%». Resposta á cuestión láctea co proxecto previsto para o concello de Curtis.

Cristina Losada lamenta que «el potencial de Galicia está desaprovechado por el inmovilismo de los últimos años».

21:41- Primeiro bloque Primeiro bloque temático.»Economía e Emprego».

Cristina Losada alterna o galego e o castelán.Denuncia as cifras de paro e os baixos salarios. Propón a reforma das oficinas de emprego e da formación.

Luís Villares ao ataque:»Temos o 12% menos de emprego que cando chegou Feijóo». Recrimina que o PP leva sete anos sen facer nada.»Nos queremos crear emprego de calidade».

Fernández Leiceaga:«O PP deíxanos unha Galicia que vai a menos». Critica que se duplicou a taxa de destrucción de emprego. Aposta por un plan de contratación xuvenil, axudas aos autónomos cunha cuota fixa. 

Alberto Núñez Feijóo:»Hoxe hai menos paro que cando fun elixido no 2012″.Expresa a súa preocupación polo pero pero destaca que «cada día se crean 14 empresas en galicia».Feijóo diríxese a Leiceaga:»Vostedes me deixaron unha Galicia onde se destruiron 50.000 postos de traballo no último ano»

Ana Pontón:«O Sr. Feijóo tortura as estatísticas». Pontón denuncia gastos en propaganda, a crise demográfica e a falta de emprego.»Vostede prometeu igualdade salarial paras a mulleres». Promete un plan retorna e máis investimentos en investigación e unha banca pública.

¿Quen levaría a consellería de Facenda, O PSOE, as Mareas de Podemos ou o PSOE?pregunta Núñez Feijóo.

Primeiros cruces verbais entre Feijóo e Leiceaga

«Vostede sempre se compara cos peores e así non podemos avanzar.Deixa unha Galiza hipotecada»conclúe Ana Pontón que responsabiliza a PSOE e En Marea de non cambiar a reforma laboral.

21:30-Comeza o debate #DebateCRTVG..Abre a quenda Alberto Núñez Feijóo.Sauda as familias afectadas polo accidente do Porriño.»Hai dúas posibilidades, un goberno de varios partidos dos non se coñece o programa nin o candidato ou a do Partido Popular».

Leiceaga:»Temos que escoller entre dous camiños entre o PP e a Galicia solidaria do PSOE».

Ana Pontón saúda á emigración. Cita a Marcial Dorado e a foto «impropia dun presidente» pero asegura que vai presentar alternativas neste debate.

«Merecemos un goberno para a xente» Luís Villares denuncia as prácticas enchufistas dos gobernos do PP.

Cristina Losada asegura que Ciudadanos canaliza «as ganas de mellora da clase media e traballadora»

Comenza o debate

20:28h-O último en chegar foi o candidato do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo

20:18h-Tamén chegaron xa, por esta orde, Ana Pontón, Luís Villares e Xoaquín Fernández Leiceaga.

19:57H- Xa chegou ás instalacións da CRTVG a candidata de Ciudadanos, Cristina Losada, que foi recibida polo director da compañía, Alfonso Sánchez Izquierdo.

19:56H- Mentras os cinco candidatos ultiman o debate da CRTVG, o candidato de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, difundiu un vídeo nas redes sociais lembrando que a súa formación “ficou excluída do debate” e anunciando un #DebateConBascuas #DebateConCompromiso

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos