21.5 C
Santa Comba
miércoles, mayo 8, 2024

O Partido Galego desautoriza a Mosquera e aclara que non concorre ás eleccións

O Partido Galego lembra que o seu Consello Nacional acordou non presentarse ás eleccións autonómicas e desautoriza a Xosé Mosquera que “en ningún momento dou conta de conversas nin formalizou propostas de acordo de coalición con Espazo Común Galeguista (E.C.G)”.

Na candidatura de Espazo Común Galeguista por Ourense aparecen varios candidatos adscritos ao Partido Galego como é o caso de Xosé Mosquera, Rafael Camilo García Losada, Antonio Gómez Fernández e Lorena García Castro. Un aspecto do que se fixeron eco diferentes medios de comunicación.

Representación legal do Partido Galego

Desde o Partido Galego informan que “a representación legal para asinar calquera tipo de acordo en nome do Partido Galego, está en poder da Secretaría de Coordinación Xeral”, que non autorizou ese suposto acordo en Ourense.

Polo tanto advirten que “a utilización da sinatura legal para formalizar esta coalición, máis alá do incumprimento do acordo político, suporía a falsificación da representación por persoas non autorizadas e podería ser susceptible de delito”.

Desde a dirección nacional (unha comisión xestora) advirten que “estas persoas quedarán á expensas das consecuencias legais que procedan de non seren corrixidas as referencias ao Partido Galego desa publicación, no mesmo DOG, antes da publicación definitiva das candidaturas”.

Expresan o seu “estupor” pola situación e aparte de “desautorizar” a Xosé Mosquera anuncian que tomarán “as medidas oportunas nos vindeiros días sobre a súa situación a nivel interno do partido”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos