10.7 C
Santa Comba
domingo, abril 28, 2024

Boas expectativas para a Poxa de Santa Comba

Santa Comba acolle este vindeiro domingo a XXII Poxa de Gando Frisón que se desenvolverá no recinto feiral a partir das 11 da mañá.

Estarán representadas once ganderías. Catro delas do concello de Santa Comba: Tendeiro e O Rubio, de Vilamaior, Serpe, de San Cristovo e e Pistulario da Pereira.

Ademais, a Cooperativa Grille de San Cosme de Antes e Nuveira de Arcos, pertencen a Mazaricos. Tamén participan Dubra (Trazo), Cundíns(Zas), Suárez(A Baña), Marañón (Negreira) e Saamil (Toques).

En declaracións a Radio Xallas, o director técnico de Africor Coruña, Marcos Costoya, destacou a calidade dos animais, un total de 28, que serán subastados.

Xornadas técnicas e formativas

A Poxa de gando frisón ven aparellada de dunhas xornadas técnmicas que se celebran este venres no multiusos (desde as 11) coa colaboración da Cooperativa Xallas e Africor Coruña, e unhas xornadas formativas o domingo pola tarde cun curso de poda inxerto a cargo de Manuel Calvo (Novocampo) e un obradoiro de elaboración dirixido pola bióloga Lidia Ferreras Ferrol.

Entrevista a Marcos Costoya

Compartimos a entrevista realizada pola emisora local Radio Xallas ao director técnico de Africor, Marcos Costoya.

A partir do minuto 60 deste podcast

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos