Os servizos de emerxencias recuperaron o corpo deste home de 47 anos.
O primeiro suceso ocorreu na praia da Pedra do Sal, en Carballo, e se trata dun home da zona, como confirmaron os axentes da Garda Civil.
Dez minutos despois das 15 horas, un particular chamou ao 112 Galicia para informar de que estaba a observar un corpo aboiando no mar, nas proximidades desta area carballesa. Pouco despois, engadía que a corrente estábao arrastrando hacia a beira.
Os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias puxeron os feitos en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, de Salvamento Marítimo, do Servizo de Gardacostas de Galicia, da Garda Civil e de Protección Civil de Carballo.
Os axentes da Garda Civil comunicaron á súa chegada que acababan de rescatar o corpo, tralo que procederon a investigar as circunstancias do suceso.
