Con boas perspectivas afróntase esta nova tempada de pesca fluvial. En declaracións a Radio Xallas o presidente da Federación Galega de Pesca sinalaba: “Penso que vai a ser moi boa. Quedou moitísima troita nos ríos. Co crecemento da vexetacións os ríos xa se vedan eles mesmos desde maio”.
Tempada de pesca comenza este domingo 17 de marzo
O principal impedimento é “que os ríos van moi cheos” pero Manuel Mouzo opina que “debería ser unha tempada espectacular” e que a campaña arrancará moi propicia para a pesca nos encoros.
No aspecto normativo non hai moitas novidades:
“Antes nos cotos sen morte, os únicos cebos eran a mosca e a cucharilla sempre equipados cun só anzol e sen arponciño. Agora permiten toda clase de cebos artificiais”.
Sobre o tempo Mouzo apelou a veteranía: ”Nos mesmos ríos hai zonas desprotexidas e outras máis abrigadas. A experiencia é un grao bastante grande”.
Despois cadaquén busca o seu sitio. Este pescador vimiancés ten o seu “corazonciño” no Río Grande, pero comenta que “O Xallas é o río por excelencia a nivel provincial.
Escolas de Río
Hai un dato positivo, o aumento de licencias federativas “sobre todo destacar o aumento de mulleres pescadoras”. Na Federación Galega de Pesca acaban de asinar un convenio coa Xunta que posibilitará continuar cunha iniciativa exitosa. As Escolas de Río impartidas por David Arcay.
“Hai afección e os nenos e as nenas senten curiosidade. Tentamos facer Escolas de Río por toda Galicia e non centrarnos nunha zona”.
Mouzo Méndez confirma o “orgullo” que ten de que “Galicia sexa unha potencia” que se confirma nos campionatos estatais. “Hai un traballo colectivo” engade. Dous galegos, David Arcay e José Luis Fernández participarán no campionato do mundo.
Con respecto á Federación apunta que: ”Facemos os proxectos segundo os recursos e así xa sabes e vanse cumprindo as expectativas”.