“Benvido á tanxufamilia! Qué ilusión!!! Moi emocionadas de que te sumes a esta aventura canda nós, mañá arranca isto!! Vamooosssss”.
Así saudaban desde o grupo Tanxugueiras ao talentoso músico camariñán Carlos Barcia, que se une a esta formación.Carlos Barcia formou parte nos últimos tempos doutra das bandas recoñecidas en Galicia, Arrhythmia.
Precisamente o pasado 6 de marzo despedíase da banda cun concerto en Lugo. Desde as redes sociais do grupo escribían :”Carlos Barcia Trashorras grazas por todo, sabemos que esta non vai a ser a última vez que subas con nós, esperamos que tiveras a despedida que mereces”