7.9 C
Santa Comba
miércoles, marzo 27, 2024

O Fisterra é o campion da LIV Copa da Costa

Un gol de Cote serviu para que a Copa da Costa volverá para Fisterra dúas décadas despois.

 

Crónica @CristobalMourin Imaxes @futgal

Fisterra-1-Dumbria-0-

A Sociedade Deportiva Fisterra volveu a gañar unha Copa da Costa vinte anos despois. Valeu o gol de Cote para que os da fin do mundo cumpriran o seu soño.Ambiente excepcional no San Paio de Refoxos(Cee) coa presenza do presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán e da secretaria xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Marta Míguez.Os aficionados fisterráns, coa peña Rapacollóns, fixéronse notar especialmente.

Comezou o Dumbría asediando ao clube verde, que non tardou en reaccionar. E no minuto 18 Cote marcaba o que sería o único gol do partido, rematando un centro de Tati. A defensa do Fisterra estivo a unha grande altura aínda que Bruno disporía dun par de ocasións e incluso se permitiron  ameazar a portería rival cunha xogada combinativa que contou coa participación de Roco, Bruno, Cote e Pablo Lestón.Polo Dumbría Mackay foi autor de dous disparos e tamén Pablo Conde probaba fortuna.

Excelente nivel da defensa do Fisterra

O segundo tempo comezou coma o primeiro, cunha embestida dos dumbrieses. Un lanzamento de falta de Iago(min 49) acabou lambendo o pau longueiro. Tamén Norberto tivo que sacar un balón enveleado e Rivi dispuxo dunha ocasión clara.

O tempo pasaba en un partido igualado o Dumbría colgaba balóns pero a defensa do Fisterra estaba moi atenta e ordenada. A entrada de Jesús aínda deu máis solvencia ao equipo de Nacho que poido aumentar a renda cunha xogada de Jesús que Bruno remata frouxo.

No treito final, o Fisterra quedábase cun home menos(min 80) por expulsión de Piti, por dobre amarela. Os dumbrieses chegaron en varias ocasións pero sen excesivo perigo.Dous remates de cabeza de Aarón e unha atenta intervención de Norberto freando unha internada de José Miguel, foron os momentos máis claros dos de Julián. Pero o Fisterra tamén tivo outra ocasión nas botas de Coté que cabeceou sen forza diante de Bouzón, despois dun centro de Roa.

En lembranza de Desiderio Nemiña

Finalmente o Fisterra saboreaba o triunfo deste prestixioso torneo, e entre o ambiente festivo, houbo palabras de lembranza para o defunto presidente Desiderio Nemiña.

En declaracións a Radio Nordés-Cadena Ser, o actual presidente, Juan Jesús, non quixo esquencerse de “Desi” e tamén louvou a aficción “que ten o 99% nesta vitoria”.

Tamén o lembrou o adestrador, Nacho, que destacou que “despois dunha tempada moi dura, isto é algo moi especial”. E o futbolista Roco que tamén asegurou que este título era un soño cumprido dun equipo que “non adestra, nin cobra, nin recibe primas e conta cun orzamento de terceira rexional”.

Esta final foi retransmitida pola TVG no seu canle online e despois en diferido pola TVG-2. Tamén, nesta ocasión, o tamaño da Copa da Costa estivo máis acorde coa maxia e a historia deste torneo,

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos