A comisión de festas de San Luis da Pereira, en Santan Comba, confirmou que o vindeiro 24 de agosto volverán a celebrarse as tradicionais festas desta parroquia.
E contarán cunha das referencias da verbena de Galicia, a París de Noia que chegará a terras xalleiras co seu espectáculo “A Xira do Camiño”. A orquestra estará acompañada polo trío Mayel, que tamén se encargará da sesión vermú.
Genma Lareo e Lucía Sánchez
París de Noia conta na súa “dianteira” con vocalistas recoñecidos como o veterano José Antonio Blas Piñón ou Genma Lareo (que leva desde o 2008 na orquesta), xunto con Oliver Pérez, Zeus RB, Santi Pulido e Lucía Sánchez. Mantén a súa estrutura das últimas tempadas. As principais novidades deste ano son o bailarín Camilo Moreno e o teclista Baikal Guncen que procede da Olympus.
E tomamos nota. O 24 de agosto na Pereira !!