19.1 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

Lanzan a APP Dumbría AR


Dumbría ábrese ao mundo da realidade aumentada para enriquecer a experiencia do turista, grazas á Subvención a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-Next GenerationEU da convocatoria do ano 2023, liña 2 de Transición Dixital dos recursos con potencial turístico no litoral.


A tecnoloxía avanza a un ritmo vertixinoso e por iso o Concello de Dumbría aposta pola innovación e a modernidade a través desta nova ferramenta de promoción turística.

A aplicación móbil Dumbría AR contribúe a diversificar a oferta e a desconxestionar os puntos de maior afluencia, ofrecendo información en tempo real, reducindo o consumo de materiais impresos o que repercute directamente na redución da pegada ecolóxica do turismo, obtendo datos dos recursos máis visitados e das incidencias en tempo real.


O visitante pode descubrir o Concello de Dumbría tanto dende a súa casa, como no propio destino a través do xeoposicionamento. Moverse polo concello nunca antes fora tan innovador cos Pop-Ups interactivos do mapa virtual, o escaneo de marcadores (AR Points) nos recursos e do Tótem virtual en 3D.


Recursos turísticos e rutas para descubrir a través de contido audiovisual e información práctica a través das alertas. Unha APP dispoñible en varias linguas e con audioguía para unha maior accesibilidade.


Toda unha experiencia inmersiva para os usuarios tanto locais coma visitantes. Tan só é necesario dispor dun smartphone ou tablet con acceso a internet, descargar a aplicación que é gratuíta e comezar a viaxar polas terras de Dumbría.


Unha ferramenta de apoio á Oficina de Turismo do Ézaro para ter o turismo de Dumbría operativo 24/7, unhas das accións marcadas no seu plan de mellora dentro da SICTED.
O obxectivo que se persegue é a xestión intelixente e eficiente do turismo en Dumbría.

fonte- NOTA DE PRENSA DO CONCELLO DE DUMBRÍA

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos