17.7 C
Santa Comba
miércoles, octubre 2, 2024

Os servizos de emerxencia excarceran a unha persoa tras colidir tres coches en Arteixo

Info-Axega 112

Unha persoa resultou ferida a pasada noite nunha colisión na que se viron implicados tres turismos en Arteixo. Segundo a información recollida no 112 Galicia, a única persoa ferida no sinistro precisou ser excarcerada polos Bombeiros de Arteixo, ao quedar atrapada nun dos vehículos accidentados.

Os feitos sucederon na AC-552, á altura do punto quilométrico 6, moi preto das nove da noite. Nese momento, unha persoa particular contactou co 112 Galicia para alertar da colisión e, axiña, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Arteixo, á Policía Local, ao Servizo Municipal de Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos