10.3 C
Santa Comba
domingo, marzo 26, 2023

O GES de Brión apaga un lume urbano no Milladoiro (Ames) causado por unha secadora

O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión apagou na noite de onte sábado un lume urbano no Milladoiro (Ames). Só houbo que lamentar danos materiais. Unha intervención na que tamén participaron técnicos da Garda Civil, Protección Civil de Ames e Policía Local de Ames.

Os técnicos do GES brionés recibiron o aviso do 112 ás 22:30 horas, polo que se desprazaron ao lugar do lume na Bomba Urbana Lixeira e coa Autoescaleira, ao tratarse dun quinto piso. Ao chegar, a Policía Local confirma que no interior da vivenda hai unha secadora ardendo e moito fume, polo que os tres bombeiros do GES de Brión procederon a apagar as lapas e ventilar toda a vivenda. 

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos