6.9 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

Día das Letras Galegas 2017

Día das Letras Galegas 2017.Conmemoramos este 17 de maio, con versos galegos.

“Nos camiños de Brath”

Este país é a crónica dunha viaxe

escrita nos seus vieiros milenarios,

na pel dun camiño eterno

ata o campo das estrelas,

 e o mar bretemoso de Fisterra.

 

 

 

 

Este país é a historia dos barcos saturados,

que levaron ós descendentes de Brath,

a busca-las américas lonxanas,

coas maletas famentas.

e as  almas cheas de dúbidas.

 

 

 

Dos sachos cansados, mans encalecidas, 

enchendo os sulcos de suor, de sol a sol. 

De troveiros cos seus himnos etéreos,

cando as ondas bicaban o solpor.

 

 

 

Con homes valerosos, espadas prateadas 

defendendo a terra, nos campos de batalla,

contra os invasores de patrias estrañas 

mentres no días de ferro, a lúa se desangaba.

 

 

 

Dos lobos de mar, coa memoria salgada, 

tecendo singladuras nos cadernos de bitácora,

dos menciñeiros sabios, dos bravos arrieiros,

dos gaiteiros coa súas doces melodías.

 

 

 

Con esa fala melosiña que nos namora,

tesouro herdado dos nosos devanceiros,

que respira na leira das palabras,

sinal de identidade que nos atrapa.

 

 

 

De verdes prados, e ríos acugulados

de nubes de encaixe, herbas feiticeiras,

de zanfoñas misteriosas, e  regueifas espontáneas,

tribu que sobrevive cabalgando polos séculos.

 

 

 

Poema do libro “Cartafol de Néboas” de Xosé Manuel Lema

Fotos de Malpica- Xosé Manuel Lema- Adiante Galicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos