14.3 C
Santa Comba
viernes, junio 14, 2024

Veciños de Fisterra contra o despezamento do Casón

A asociación de veciños Costa da Morte  pide que o pecio do Casón se conserve como parte do patrimonio subacuático de Fisterra.

Fernando Carrillo Ugarte

José Fernando Carrillo Ugarte, Presidente da Asociación de Veciños «Costa da Morte» de Fisterra, enviou un escrito ao presidente da «Junta Delegada de Enajenación y Liquidadora de Material del Cantábrico»no Arsenal Militar de Ferrol para que «se tomen as medidas oportunas, dentro das competencias que ese organismo ten encomendadas, para que o pecio do barco Casón, afundido fronte ao Monte do Castelo, no termo municipal de Fisterra, A Coruña, non sexa despezado e se conserve para a posteridade como parte do patrimonio subacuático existente en Fisterra». 

Na demanda, a entidade expón que «sacándose a poxa o despezamento dos restos do barco Casón embarrancado e afundido fronte á punta do Castelo, en Fisterra, en decembro de 1987, esta entidade veciñal considera que é absurdo retirar devanditos restos despois de trinta anos cando xa se converteu nun biotopo consolidado, en torno ao cal se xerou un ecosistema de vida mariña». Ademais insisten en que «os restos do barco Casón constitúen un legado histórico subacuático e testemuño dun acontecemento que tivo un gran impacto e repercusión en toda a comarca pola carga que levaba e o impacto que produciu na poboación, o cal é necesario conservar» xa que no lugar no que se atopan os restos do Casón «non son un perigo para a navegación nin para as faenas pesqueiras e, pola contra, convertéronse nun atractivo turístico subacuático de primeira orde, razón pola cal non deben ser retirados». 

 

Unha retirada sen ningún criterio ambiental

Ademais explican que os restos do Casón forman, na actualidade, un biotopo consolidado con 30 anos de antigüidade no que xa existe un ecosistema consolidado de vida mariña, «razón pola cal sería máis prexudicial para os fondos mariños a súa retirada que a súa conservación» ou que «noutros lugares está a procederse ao afundimento controlado de barcos para a creación de biotopos mariños e, así, axudar á recuperación e conservación da vida mariña e da súa biodiversidade, mentres que aquí, onde xa existe un biotopo consolidado, preténdese retiralo sen ningún criterio ambiental e onde só prima o interese económico». 

Desde a entidade veciñal cren que «a Armada Española ten encomendada a protección e defensa do Estado español e, por tanto, dos seus intereses nos campos que ten encomendado, por iso estamos seguros que por parte dese organismo, dependente a Armada, tomaranse as medidas oportunas para preservar este pecio como parte da riqueza histórica, cultural, ecolóxica e como protección da vida mariña creada neste biotopo consolidado, así, como, a súa biodiversidade». 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos