12.6 C
Santa Comba
domingo, marzo 24, 2024

Os aforismos do riso futurista para unha eiva nas nosas letras

Os aforismos compoñen un xénero pouco trillado nas letras galegas malia a que nestes novos tempos os xéneros breves e incisivos teñen unha ampla aceptación, sobre todo no seu consumo na rede e en dispositivos móbiles.

Para paliar esta eiva os escritores coruñeses Xavier Seoane e Francisco Pillado Maior fixeron unha escolma con 48 autores galegos que aportaron desde distintas estéticas sentenzas, apotegmas e reflexións aforísticas do noso tempo, nunha lista que vai de Álvarez Cáccamo a Helena Villar Janeiro, por índice alfabético. Podemos velo en «Aforismo do riso futurista» (Xerais). A obra vai ser presentada o martes 7 de febreiro as 20,00 horas na librería Moito Conto, rúa San Andrés 35 de A Coruña.

Autores da Costa da Morte participan de forma destacada nesta nova visión, como Rafael Lema ou X. H. Rivadulla Corcón, con catro traballadas páxinas de sentenzas cada un. Alexandre Nerium colabora con tres liñas. No medio das súas follas hai reflexións, poemas, máximas moralizantes, sátiras.

Como indican os autores, estamos ante un xénero «sumamente pegadizo e moi acaído, pola súa brevidade e contundencia, para a creación e a comunicación na nosa época» e por iso «xurdiu a pertinencia de facer unha escolma do xénero na literatura galega». Hai autores que recurriron a recuperar algunha sentencia ou verso das súas obras editadas, e outros que aportaron orixinais aforismos dentro da definición pura do xénero. Algúns narradores enviaron breves textos e outros varias páxinas. Entre os escritores que aportan nesta obra pezas máis traballadas e axeitadas á escolma destacamos a Pepe Cáccamo, Vicente Araguas, Lino Braxe, Xavier Lama, Rafael Lema, Monterroso, Queipo, Rábade, Rabuñal, Rodríguez Fer, Fidel Vidal.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos